O Cangas de Balonmán, de novo confinado por un gromo de coronavirus
Publicado o 15/04/2021 21:28
Un gromo de coronavirus volve confinar os xogadores do balonmán Cangas. As probas de antíxenos realizadas aos integrantes do primeiro equipo deron como resultado un positivo en covid-19, un contaxio verificado despois por PCR.
Os xogadores están en corentena, o que obriga a suspender o partido do vindeiro domingo contra o Puerto Sagunto. O Frigoríficos do Morrazo xa tivera que gardar corentena no pasado mes de outubro.