CRTVG

Buscar

O candidato socialista, Pedro Sánchez, anima os cidadáns a "fortalecer a democracia"

Publicado o 10/11/2019 13:35

Os aspirantes a presidente do Goberno xa exerceron o seu dereito ao voto. Imos velos. Comezamos polo candidato do PSOE. Pedro Sánchez acudiu a votar en Pozuelo de Alarcón. Pedro Sánchez foi dos candidatos máis madrugadores na cita coas urnas no seu colexio electoral da localidade madrileña de Pozuelo de Alarcón. Votou acompañado da súa muller, Begoña Gómez, ás dez menos cuarto da mañá e expresou o seu desexo de que a xornada transcorra con normalidade.

O líder do PSOE fixo un chamamento explícito á participación e animou os cidadáns a "fortalecer a democracia" nas urnas. Tamén se referiu a Cataluña: destacou que se despregaron as forzas e corpos de seguridade porque as institucións son "conscientes da responsabilidade" que teñen para garantir o voto. Ademais, amosouse "razoablemente optimista" cos datos de poarticipación ao peche dos colexios electorais.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019