CRTVG

Buscar

O candidato popular en Murcia volve intentar este xoves a investidura

Publicado o 04/07/2019 08:11

O candidato do PP á presidencia de Murcia, Fernando López Miras, enfróntase hoxe á segunda votación para a súa investidura despois de que os deputados de Vox votaran en contra no primeiro intento.

Na votación desta tarde só fai falta a súa abstención pero os de Abascal esixen un pacto a tres con Ciudadanos que rexeitan os de Rivera. Ante o bloqueo da situación desprazouse a Murcia o número dous do PP, Teodoro García Egea, e a noite pasada aseguraba que estaban preto dunha especie de preacordo. Os populares cren que é Vox o que debe retificar.

Sen embargo o pacto parecía máis afastado que nunca a pasada tarde cando Vox incendiaba as redes insultando a Rivera. Ciudadanos respondeu cun enlace da canción Locovox, do grupo Locomía e finalmente os de Abascal recoñeceron que o seu responsable de comunicación se equivocara na linguaxe. O PP de Madrid pediulles que deixen de insultarse e se poñan a traballar para que o PSOE non goberne a comunidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019