CRTVG

Buscar

O candidato de Vox en Andalucía deixa o partido, pero conserva a acta de deputado tras ser denunciado por fraude

Publicado o 01/07/2020 17:28
O candidato de Vox en Andalucía deixa o partido, pero conserva a acta de deputado tras ser denunciado por fraude

O ata o de agora presidente do grupo parlamentario de Vox, que fora candidato á presidencia da Junta de Andalucía, Francisco Serrano, decidiu abandonar o partido que preside Santiago Abascal, pero conserva o seu escano na Cámara autonómica.

Así se recolle no escrito de renuncia que Serrano vai presentar no Rexistro do Parlamento nas próximas horas, onde comunica que deixa de formar parte do grupo de Vox en Andalucía e pasa a ser deputado non adscrito, polo que manterá a súa acta de parlamentario.

A decisión de Serrano prodúcese despois de que a Fiscalía Superior de Andalucía interpuxera unha querela criminal contra el ao considerar que existen indicios de fraude na subvención de 2,5 millóns de euros que a súa empresa Biowood Niebla recibiu do Goberno en 2016.

Noticias web

01/07/2020