CRTVG

Buscar

O candidato de Unidas Podemos apela á participación masiva

Publicado o 10/11/2019 13:42

Tamén na capital, no colexio La Navata de Galapagar, votou Pablo Iglesias. O candidato de Unidas Podemos á presidencia do Goberno, Pablo Iglesias votou arredor das 10 da mañá no colexio público La Navata, en Madrid.
Despois de depositar as súas papeletas, Pablo Iglesias apelou á participación nesta xornada electoral. Insisitiu en que o voto de toda a cidadanía vale o mesmo nun día coma hoxe.

Iglesias tendeulle a man ao PSOE para formar Goberno despois desta xornada, e animou o Partido Socialista a combinar a súa "experiencia" coa "valentía", dixo, de Unidas Podemos para converter o país nun referente en políticas sociais. Insistiu na necesidade de facer un Goberno conxunto e deixar atrás os reproches.

 

Noticias web

10/11/2019