CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

O can de palleiro recupera o seu espazo como pastor e can de compañía

Publicado o 11/06/2017 21:33




Polo xeral son nobres, bos, moi da súa casa e dos seus e especialmente coidadosos cos nenos.
Pouco a pouco, os cans de palleiro están conseguindo reconquistar un espazo do que foran quedando arredados por mor do cambio nos nosos hábitos e tamén pola chegada doutras razas caninas.
Este ano, de novo, na Semana Verde de Silleda fixéronlles un recoñecemento.

Desta raza coñécense as súas aptitudes para o pastoreo, e tamén para coidar e protexer a casa e os seus, pero no Club de Can de Palleiro queren que se lles coñezan outras destrezas, como o bos que son para o "agility" ou para o canicrós.

Ernesto di que a recuperación da raza está sendo exponencial, e que detrás deste logro hai moito traballo.

No recinto feiral xuntáronse hoxe moitos cans de palleiro, e tamén xente interesada en facerse cun deles, coma Maite, que sempre adopta cans abandonados, pero fixo unha excepción e mercou un palleiriño porque cre que hai que axudar a asentar a recuperación da raza.

Hoxe tamén se lles deron premios aos que axudan á recuperación da raza, o máximo galardón, o de palleiro de honra, foi para a Xunta de Galicia.
Dende o club, que xa ten quince anos de vida, din que aínda queda moito por facer, pero teñen un lema que fala da esperanza no futuro
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí