O Campus do Mar da Universidade de Vigo presenta o proxecto Bluebiolab
Publicado o 23/07/2019 16:14
Na Universidade de Vigo presentouse esta mañá o Laboratorio Transfronteirizo de Bioloxía Mariña. É un proxecto que ten no centro acuicultura e o desenvolvemento de novos compostos de orixe mariña.
O proxecto denominado Bluebiolab terá como principais liñas de investigación a biotecnolxía, a acuicultura e o desenvolvemento de novos compostos de orixe mariña.
É un proxecto transfronteirizo que abrangue unha extensión de máis de 51.000 quilometros cadrados e cun mercado de preto de seis millóns e medio de habitantes.
Este laboratorio terá un presuposto de máis dun millón de euros e estará liderado polo campus do Mar de Vigo, pero nel participan tamén as universidades da Coruña, de Santiago e a portuguesa do Minho, entre outros colaboradores.