CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

O campus da Cooperación axuda a pais e nais a comprender o compartamento dos nenos

Publicado o 31/01/2015 21:30

En Santiago tamén asistimos hoxe ao Campus da Cooperación. Nais e pais, aprenden a responder a situacións do día a día e a comprender mellor o comportamento dos nenos.

A cabeza dun neno é algo dificil de descifrar, mais esta mañá nun colexio santiagués tentaron adentrarse nela. No Campus de Cooperación preto de 30 pais e nais quixeron atopar respostas a situacións cotiás que en moitos casos son difíciles de controlar.

"Na educación dos nosos fillos estamos implicadas as nais, os pais, o resto da familia, o profesorado... Moitas veces é necesario centrarse, pararse a pensar, reflexionar e buscar as nosas propias solucións", recoñece Yolanda Veloso, coach do Campus.
"cubrir a necesidade dos pais de facelo ben, de ser profesionais cos seus fillos. Non teñen un libro de instrucións pero é unha maneira de acercarse a estas ferramentas que axudan, e moito, á crianza", comenta Alicia López, profesora e coordinadora do Campus.

Tras o éxito da primeira edición deste campus, celebrado en novembro, volveuse levar ás aulas varios profesionais do coaching para axudar a mellorar aspectos como a confianza, a comunicación ou a intelixencia emocional.

"É unha alegría poder compartir estes temas con outros pais. Eu creo que é moi útil para os que estamos todos os días pelexando con diferentes problemas cos nenos ou outras cousas e ves que hai pais que están pasando por cousas parecidas", recoñece a Yolanda Gómez, nai.

O proxecto, que involucra a pais e nais e a profesionais do mundo do coaching, foi galardoado internacionalmente polo seu labor social.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí