CRTVG

Buscar

O campo pide que se poña freo á competencia desleal e máis control sanitario aos produtos importados

Publicado o 13/02/2020 14:52

Hoxe no Ministerio de Agricultura houbo reunión para abordar co sector das froitas e hortalizas os problemas do campo.

As organizacións sindicais pedíronlle ao ministro medidas urxentes para frear os prezos baixos. Entre outras, que se poña veto á competencia desleal e un maior control sanitario dos produtos que veñen de fóra. Din que deixaron sobre a mesa moitos asuntos e lamentan saír sen respostas. 

Mentres, agricultores e gandeiros manteñen as protestas pola crise de prezos no agro. En Málaga, tractorada este xoves. Agricultores e gandeiros marcharon pola autovía en Antequera. O maior produtor do mundo de aceite de oliva pechou para sumarse á mobilización. Din que a situación é insostible.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020