CRTVG

Buscar

O campo de Moaña xa leva o nome de Iago Aspas

Publicado o 29/07/2019 16:36

É o xogador franquía do Celta, pero tamén o mellor embaixador de Moaña. Por iso, a súa vila quíxolle render homenaxe converténdoo en eterno. Aspas, sempre orgulloso das súas orixes, agradecido, Aspas lembrou as súas orixes.

Rodeado da súa familia e coa emoción de quen se sabe querido, Iago tivo palabras para os presentes e tamén para os que levará sempre no corazón.

Iago inaugurou o campo tamén vestindo de curto. Xogou uns minutos co Celta B ante o equipo local. Non marcou pero acabou dándoo todo, para alegría dos máis pequenos.

Noticias web

29/07/2019