CRTVG

Buscar

O campión da NBA Craig Hodges completa o Camiño de Santiago

Publicado o 02/09/2021 22:26
O campión da NBA Craig Hodges completa o Camiño de Santiago

EFE

EFE

O exxogador Craig Hodges, campión da NBA en 1991 e 1992 cos Chicago Bulls, completou este venres a quinta e última etapa do Camiño Portugués pola costa coa súa chegada á praza do Obradoiro, onde foi recibido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O norteamericano foi o protagonista da sétima edición do Camiño remata en Obradoiro, unha iniciativa organizada polo club de baloncesto Monbus Obradoiro en colaboración coa Xunta para promocionar o Camiño.

Ademais de Hodges, en anos anteriores participaron os exxogadores Terry Porter, Juan Antonio Corbalán, Nikos Galis, Aza Petrovic, Amaya Valdemoro e José Manuel Calderón.

Hodges é, xunto á lenda de Boston Celtics Larry Bird, o único xogador que gañou tres veces seguidas o concurso de triplos da NBA.

Noticias web

02/09/2021