CRTVG

Buscar

O campeón de xadrez, Iván Salgado, protagonista das primeiras xornadas de Ourense

Publicado o 16/06/2018 21:28

O vixente campión de España de xadrez, o ourensán Iván Salgado, é o protagonista das primeiras xornadas internacionais que levan o seu nome e que se están a desenvolver en Ourense. Conferencias, exhibicións e o primeiro encontro da selección galega contra Portugal son algunhas das actividades. O obxectivo é, sobre todo, difundir entre os máis novos o xadrez como disciplina intelectual e deportiva. 

O ourensán Iván Salgado, actual campión de España de xadrez, leva competindo dende os 12 anos e gañando. Sete campionatos de España en todas as categorías e o segundo título como campión absoluto. 15 anos despois decidiu xogar co equipo da súa cidade, O club Deportivo Xadrez de Ourense.  E hoxe é o protagonista dunhas xornadas cun obxectivo: difundir o xadrez. 

Un encontro para poñer en valor as habilidades do xadrez: a concentración, a atención, a paciencia e introducilo nas escolas. 

Entre as actividades das xonrnadas celebrouse un encontro histórico entre a selección galega e a portuguesa, un equipo con todas as categorías, tamén a femimina, coa bicampiona de España. 
Unha homenaxe do xadrez ourensán para o abandeirado do xadrez galego, mestre internacional deste deporte, o mellor de España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2018