CRTVG

Buscar

O campanu de España pescouse no Ulla

Publicado o 05/05/2020 21:31

O campanu de España, o primeiro salmón da tempada, pescouse hoxe no Ulla só 22 minutos despois de que se puideran botar as canas á auga. Pesa case 6 quilos e mide 79 centímetros. Colleuno no couto de Ximonde Luís Souto, un pescador experimentado e moi coñecido na zona. Agora teno no conxelador. Gárdao para consumilo con toda a familia cando remate o confinamento. Galicia é nestes momentos a única comunidade que abriu a tempada de pesca.
 

Noticias web

05/05/2020