O campamento no peirao de Arguineguín espertou baleiro
Publicado o 30/11/2020 14:35

O campamento no peirao de Arguineguín espertou por primeira vez baleiro. Máis de tres meses despois da súa instalación, Interior cumpre co requirimento do Defensor do Pobo para desmantelalo. Esta noite trasladaron os últimos inmigrantes que quedaban e hoxe están desinfectando a zona. Aquí chegaron a estar amoreadas 2.600 persoas. A función que tiña, dar acollida nas primeiras 72 horas, farase noutro campamento ás aforas das Palmas.