CRTVG

Buscar

O camioneiro que agrediu uns ciclistas en Marín admite os feitos e asume a multa

Publicado o 01/12/2020 13:53

O camioneiro que agrediu cun martelo dous ciclistas na estrada vella de Marín a Pontevedra, en 2018, asume unha multa de 22.000 euros.

É o acordo de confomidade a que se chegou entre as partes no xuízo que se realizou esta mañá na Audiencia Provincial. Ademais da multa, o transportista deberá dar máis de 16.700 euros en indemnizacións aos agredidos. O acusado recoñeceu ser autor dos delitos leves de lesións e ameazas.     

O 25 de outubro de 2018, un vídeo revolucionou as redes sociais. Un martelo contundente e de grandes dimensións, son os calificativos que empregaron os ciclistas para describir a arma da agresión. Aseguraron naquel momento que o condutor os adiantara uns metros antes sen gardar a distancia de seguridade e que eles o seguiron para recriminárenlle a acción. Esta foi, segundo eles, a súa reacción: "Pasa que te mato, eh!".

Denunciaron danos materiais nas bicicletas e lesións a un deles na cabeza e nun ombreiro. O forense tamén viu indicios de estrés postraumático.

O camioneiro, que perdeu o traballo en Ence por estes feitos, negara nun primeiro momento as imputacións que agora recoñece perante o xuíz.

Noticias web

01/12/2020