CRTVG

Buscar

O Camiño Francés tínguese de azul

Publicado o 06/12/2018 22:39

Estamos na igrexa de San Pedro de Melide, un dos puntos destacados do Camiño Fracés que xa ven tinguido de azul e coa tradicional frecha amarela. Ata o mércores que vén será o aspecto que teña esta igrexa e as de Santa María a Real do Cebreiro ou San Salvador de Sarria. No final do Camiño, en Compostela, a fachada das Praterías ou as torres da Cidade da Cultura. Este é un dos eventos deseñados para conmemorar un aniversario que marcou un antes e un despois para o Camiño de Santiago e contribuíu á protección e conservación do patrimonio desta ruta. Dende 2015 tamén acadaron o recoñecemento da Unesco os Camiños do Norte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018