CRTVG

Buscar

O Camiño dos Faros busca unha homologación especial para lograr máis proxección internacional

Publicado o 25/06/2020 14:32

A ruta divídese en 8 etapas que transcorren á beira do mar. Permítenos gozar e descubrir vistas espectaculares desta costa abrupta e virxe, única. É unha ruta esixente fisicamente pola dureza dalgúns treitos, pero que engancha.

A falta de limpeza e deficiente sinalización son queixas frecuente dos visitantes. Podería evitarse se a ruta logra a homologación GR. Para obtela esíxenlles reducir a porcentaxe de asfalto do percorrido e garantir a seguridade nalgun treito perigoso.

Os axentes implicados coidan que esas diferencias deben salvarse para que o Camiño dos Faros se consolide como destino turistico internacional e como fonte de riqueza para a comarca.

A proxección internacional do Camiño dos Faros está medrando, e o obxectivo é consolidala e situala ao nivel do Camiño de Santiago.

Antes de mediados de xullo agardan que os concellos polos que pasa a ruta limpen os sendeiros e que estén perfectamente transitables para o verán.

Noticias web

25/06/2020