CRTVG

Buscar

O Camiño de Santiago quere recuperar a normalidade no mes de xullo

Publicado o 30/06/2020 16:01

Tras varios meses completamente pechados por culpa da pandemia, mañá volven abrir a catedral de Santiago, a Oficina de Acollida ao Peregrino e bastantes albergues.

Inténtase ir recuperando unha certa normalidade na peregrinación a Compostela que, de momento, está moi lonxe do  habitual a estas alturas do ano.

Apenas uns poucos grupos illados de peregrinos se ían achegando esta mañá a Compostela. Nada que ver co que estamos afeitos a ver calquera outro mes de xuño.

Pouca xente e, ata hoxe, albergues pechados. A partir de mañá abrirán, con algunha limitación de acollida, 28 albergues tanto da rede pública como da privada.

Ademais dos albergues, a partir do un de xullo tamén abren a Catedral e mais o Centro Internacional de Acollida ao Preregrino. E tamén abren con algunha limitación, pero é que este ano tampouco no Camiño se vai poder considerar un ano normal.

A previsión é que, se non hai novidade, para o un de setembro estea operativa toda a rede de albergues.

 

Noticias web

30/06/2020