CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

O Camiño de Santiago como vía para a reinserción de menores con problemas de conduta

Publicado o 23/01/2018 14:21

Unha xuíza propón o Camiño de Santiago como vía para que menores condenados por violencia doméstica rediman a súa pena.

Trátase de cambiar a sanción ou castigo por unha solución que lles abra a posibilidade da resocialización, sentindo en si mesmos os valores vencellados ao Camiño.

O Camiño de Santiago pode axudar a menores que teñen problemas de conduta ou están en risco de exclusión social. É o que cre Reyes Martel, unha xuíza canaria.

Sostén que durante a camiñada, os rapaces considerados conflitivos poden aprender valores que tiñan adormecidos como a solidariedade ou a liberdade. Trátase de conmutarlles o castigo ou sanción por tantos quilómetros de andaina.

Desde a Fundación Amigó valoran a iniciativa e lembran que eles xa utilizan o camiño como escola de socialización de menores desde hai doce anos.

O responsable da Fundación Amigó en Galicia considera que para un menor con problemas de conduta compartir o Camiño pode ser integrador e educativo.

Tamén lles pedimos opinión a dous camiñantes. Un alemán que lle ve grandes posibilidades ao Camiño de Santiago.

E un valisoletano que se mostra cauto cos posibles beneficios.

A iniciativa da xuíza Martel experimentouse en 45 quilómetros do chamado Camiño Canario de Santiago e agora quere extender a medida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí