O Camiño de Santiago comeza a espertar rumbo a Fisterra
Publicado o 04/06/2020 21:47
O camiño a Fisterra discorre integramente pola provincia da Coruña, así que xa se pode percorrer nesta fase 2 da desescalada. Os albergues permanecen pechados, pero si están abertos os hoteis, as pensións, os bares e os restaurantes, así que facer o Camiño de Santiago xa é unha opción para un plan de fin de semana ou unhas vacacións breves.
Con todo, de momento son poucos os peregrinos que atopamos na ruta. Os hostaleiros confían en que a situación remonte a partir da semana próxima, cando entremos na fase 3, e sobre todo a partir do verán.