CRTVG

Buscar

O cambio de frecuencias da TDT arranca pola provincia de Lugo

Publicado o 18/09/2019 11:51
O cambio de frecuencias da TDT arranca pola provincia de Lugo

Se queren seguir véndonos cada día, moito ollo porque volven os cambio á TDT. Para seguir vendo a Galega nas comunidades de veciños será necesario adaptar as antenas. Nas vivendas unifamiliares só haberá que resintonizar as canles.

A adaptación as novas frecuencias comeza xa hoxe e realizase para deixar sitio ás novas tecnoloxías 5G. Lugo será a primeira provincia galega en facer o cambio, pero non se preocupen, hai de prazo ata finais de xaneiro e lembrámoslles que non será necesario nin cambiar os televisores ou descodificadores e non desaparecerá ningunha canle.

Noticias web

18/09/2019