CRTVG

Buscar

O cambio brusco do tempo deixa fortes contrastes

Publicado o 04/12/2020 14:17

Hai só 15 días as praias galegas estaban ateigadas de xente, paseando e tomando o sol. Hoxe a estampa é ben distinta no litoral, con forte ondada e vento.

Sopraba forte tamén esta mañá no porto de Malpica, unha estampa que nada ten que ver coa calma que se respiraba o luns na comarca de Bergantiños.

E é que o mes de novembro despediuse con tempo solleiro e temperaturas altas para a época. En Pontevedra, por exemplo, alcanzaron os 25 graos o luns, pero hoxe a situación é ben distinta: os termómetros baixaron 15 graos e a máxima prevista é de 10.

Aínda así, estes descenso brusco das temperaturas non colle a ningúen por sorpresa. É o que toca din.

O contraste máis acusado atopámolo no interior, onde a neve fixo acto de presenza esta noite. Estas imaxes foron tomadas o luns en Becerreá: locía o sol e habia 15 graos de máxima. Hoxe hai dificultades para cricular pola neve e os termómetros só alcanzarán os 4 graos.

Este tempo, que continuará nos próximos dias, non convida a viaxar nesta ponte. Moitos venlle o lado positivo.

A DXT recomenda non viaxar. Facelo só en caso necesario e consultar en todo caso o estado da rede viaria antes de saír.

Noticias web

04/12/2020