CRTVG

Buscar

O calote da falsa ONG contra o cancro infantil chega a un colexio de Maceda

Publicado o 04/06/2019 13:59

Foi a través do teléfono como os responsables de Linceci se puxeron en contato coa directiva da ANPA de Maceda para propoñerlles que colaborasen con eles.

Fixeron dous pedidos de bolsas coma estas, que venderon entre a poboación de Maceda convencidos de que estaban colaborando cunha boa acción, ata que se decataron polas noticias de que eses cartos non estaban destinados á loita contra o cancro infantil, senón a custear o elevado tren de vida dos líderes da organización, que chegaban a cobrar ata 20.000 euros ao mes.

Séntense enganados e din que van emprender accións legais. A policía mantén aberta a investigación. Polo de agora detiveron 5 persoas, dúas delas están en prisión e as outras en liberdade con cargos. Están acusados de estafar máis de 5 millóns e medio de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019