CRTVG

Buscar

O calendario non lle dá tregua a un Breogán mermado

Publicado o 03/05/2019 20:12

O Breogán afronta unha semana que vén podería definir o seu futuro. En sete días xogará fronte a Valencia, Tenerife e Gran Canaria e como ao longo da temporada as lesións non lle dan tregua ao cadro de Tito Díaz: "Nós estamos sen Sergi Vidal, sen Henk Norel, Dragicevic acaba de entrar, Ochefu está fóra. Se falamos de problemas, Breogán primeiro da liga".

Os lugueses visitan este domingo a cancha do Valencia Basket, un rival complicado para o conxunto de Tito Díaz que vén de xogar contra Madrid, Unicaja e Barcelona: "O calendario non nos favorece, cando gañamos en Badalona veu o Barcelona aquí. Gañámoslle ao Unicaja e fomos a Madrid e agora a Valencia. Así é difícil enlazar vitorias", sinala o técnico do Breogán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019