CRTVG

Buscar

O calendario laboral para 2018 recolle trece días festivos en Galicia

Publicado o 11/10/2017 21:05

O calendario laboral para 2018 recolle trece días festivos en Galicia. Dez deles serán comúns co resto de España, segundo unha resolución que publica hoxe o BOE. Entre os festivos, só un, o seis de xaneiro caerá en fin de semana. 


Entre os tres festivos que as comunidades autónomas poden substituir, en Galicia só será laborable o 19 de marzo, día San Xosé. O 17 de maio será festivo recuperable. O 25 de Xullo só o será na nosa comunidade. A todos estas xornadas de lecer hai que sumar os dous festivos locais de cada cidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2017