CRTVG

Buscar

O Café Candelas Breogán ficha a Sergi Vidal

Publicado o 14/09/2018 15:44

Baloncesto. Oficial. O Café Candelas Breogán ficha a Sergi Vidal que finalizou o seu contrato co Joventut. Aleiro. Trinta e sete anos. Pasado polo Real Madrid, Baskonia e Unicaja.

Porque o cadro que adestra Natxo González tiña que fichar. Está moi minguado de efectivos. Traballando con seis ou sete xogadores por mor das lesións. Comprobouse no partido xogado onte en Lugo. Primeiro triunfo da pretemporada. Diante dos Shenzhen Leopards chinés. O Café Candelas Breogán gañou por dez puntos.

Hai que destacar a actuación de Lofberg con vinte puntos e os catorce rebotes capturados por Rowley.O Café Candelas Breogán segue en fase de construción quince días antes do comezo da Liga ACB.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018