CRTVG

Buscar

'A derradeira leición do mestre', de Castelao poderá verse a partir do venres

Publicado o 03/10/2018 21:11

Viámolo na portada do 'Telexornal' e poderemos velo 'in situ' a partir do venres na Cidade da Cultura.

O cadro 'A derradeira leición do mestre', pintado por Castelao en 1945, xa está en Galicia. É a primeira vez que visita a nosa terra e faino para formar parte dunha mostra composta por 90 pezas, entre elas obxectos persoais do histórico intelectual galeguista.

O cadro, de 2 metros de lonxitude, permaneceu varios días envolto na embalaxe en que foi trasladado desde o Centro Galicia de Bos Aires, para evitar que a humidade o deteriorase. No acto de apertura da caixa estiveron o presidente da Xunta e todos os voceiros da oposición.

Os grupos da oposición no Parlamento galego aplauden a chegada desta icónica obra de Castelao a Galicia, unha ocasión, aseguran, para reclamar reparación para as vítimas da ditadura. O voceiro do grupo popular asegurou que é un sinal do que debemos aprender do pasado para facer un futuro mellor.




 

Noticias web

03/10/2018