CRTVG

Buscar

O cadáver atopado nun pozo do Porriño portaba moedas portuguesas

Publicado o 26/02/2021 08:12

O cadáver atopado no pozo dunha nave do Porriño tiña, segundo fontes da investigación, varias moedas portuguesas no peto.

O achado reforzaría a hipótese de que é un cidadán portugués. A policía lusa xa está a rastrexar as persoas desaparecidas do país, para ver se algunha delas encaixa coa identidade do varón localizado no pozo. Ademais, a Garda Civil tamén solicitou a análise da chave dun vehículo da marca Renault que estaba somerxida na auga.

Noticias web

26/02/2021