CRTVG

Buscar

O cadáver aparecido no Prat pode ser o da desaparecida Janet Jumillas

Publicado o 22/05/2019 13:45

Os Mossos d'Esquadra volveron este mércores para recoller probas ao descampado do Prat onde apareceu un cadáver que podería ser Janet Jumillas, a muller desaparecida en marzo pasado. Os investigadores agardan que a autopsia permita confirmar a identidade e as causas da morte.

O corpo da muller foi localizado nun descampado próximo á localidade barcelonesa do Prat e levaba a mesma roupa que Janet Jumillas vestía o día da súa desaparición.

Esta mañá os axentes dos Mossos d'Esquadra regresaron ao descampado para rematar coa inspección do lugar en que apareceu o cadáver.

Hoxe está previsto, ademais, que se practique a autopsia que permitirá determinar como morreu e se houbo agresión sexual, que é unha das hipóteses coas que traballan os investigadores e que se cre que puido desencadear o asasinato da muller.

Janet Jumillas, de 39 anos, desaparecera no mes de marzo cando lle dixo a un sobriño que ía facer unhas xestións a Facenda, pero en realidade marchou á casa dun amigo, Aitor García. Este foi detido hai dúas semanas no seu domicilio como presunto autor do crime.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019