CRTVG

Buscar

A Revista

O cabaliño de mar macho, fecundado pola femia, encárgase de parir miles de crías

Publicado o 13/02/2018 12:51
O normal é que a maternidade sempre recaia na femia, pero a natureza tamén cambia ás veces os roles. Imos ver os cabaliños de mar. É o cabaliño de mar macho o encargado de parir, o responsable de traer ao mundo estas criaturas. Esta especie busca parella toda a súa vida, nun ritual de danza que inicia o macho arredor da femia, producindo estalos no cranio, ata atopar a sincronización perfecta. O macho queda fecundado cando a femia deposita nel os ovos, que o macho se encargará de fecundar co seu esperma. Pode parir milleiros de novos cabaliños.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

13/02/2018