CRTVG

Buscar

O autobús urbano gaña pasaxeiros en Galicia en xullo por quinto mes consecutivo

Publicado o 14/09/2021 16:27

O autobús urbano volve encherse. A mellora nos datos da pandemia tamén se fai notar no número de usuarios que segue medrando nos últimos cinco meses en Galicia. O último dato negativo foi en febreiro, cando só usaron o bus urbano a metade de usuarios que o mesmo mes do ano anterior.

Os viaxeiros notan esa recuperación. No que vai de ano, entre os meses de xaneiro e xullo, hai un ascenso de pasaxeiros do 13,2 % en Galicia.

Os usuarios recuperan a confianza e cren que é un medio de transporte seguro, ademais da comodidade que supón para trasladarse polos barrios das cidades.

Galicia rexistrou máis de 3 millóns e medio de usuarios do bus urbano en xullo. Así é todo, aínda queda para recuperar os niveis de viaxeiros prepandemia, cando no mes de xullo de 2019 viaxaban nos urbanos galegos máis de 5 millóns de usuarios.

Noticias web

14/09/2021