CRTVG

Buscar

O Burela vai ao 'play out' logo de recibir un gol a once segundos do final

Publicado o 30/05/2021 20:39

Un gol do Palma Futsal a 11 segundos do final impediu a salvación do Burela Pescados Rubén, que precisaba un triunfo na última xornada e acabou empatando (4-4). O encontro foi moi emocionante, co Palma mandando no descanso (0-1) e cun Burela desatado na segunda parte.

Con Iago Míguez botando o equipo ás costas, conseguiron ter unha vantaxe de dous goles (3-1), pero non puideron facer nada diante da presión dos illeiros nos últimos minutos.

O seu rival no play out será o perdedor da eliminatoria Manzanares-El Ejido da segunda categoría. 

Noticias web

30/05/2021