CRTVG

Buscar

O Burela roza o triunfo diante do poderoso El Pozo nun espectacular partido (6-6)

Publicado o 11/05/2021 21:34

Paso adiante do Burela Pescados Rubén no partido disputado esta tarde en Vista Alegre ante el Pozo Murcia. Un partido que fóra adiado ata en dúas ocasións por mor da covid-19 e que finalmente se xogou.

Pagou a pena para o público presente no pavillón, polo avultado número de goles, pero de escasa renda para os locais. Empate a seis. Con igualdade total, xa que ao descanso foise con empate a tres. O Burela suma un punto que non lle serve para saír dos postos de descenso e mantense na terceira praza pola cola, a sete puntos da salvación.

1-0 en propia meta, 1-1 Rafa Santos, 1-2 Pol Pacheco, 2-2 Renato, 3-2 Pitero, 3-3 Marcel, 4-3 Renato, 5-3 Iago Míguez, 5-4 Paradynski, 6-4 Renato, 6-5 Pol Pacheco, 6-6 Darío.

Noticias web

11/05/2021