CRTVG

Buscar

O Burela roza a fazaña diante do Inter (1-2)

Publicado o 26/01/2020 10:58

O Pescados Rubén Burela estivo a piques de puntuar diante do todopoderoso Inter na Liga Nacional de Fútbol Sala. E iso que ninguén daba un euro polos da Mariña cando antes do minuto 10 perdían por 0-2 cos tantos de Gadeia e do xenio Ricardinho. Malia ese comezo o Burela nunca se descompuxo e realizou un traballo descomunal que ben puido dar os seus froitos en forma de puntos. Ao pouco de principiar a segunda metade Joselito marcou o 1-2 e mesmo dispuxo de oportunidades para acadar o empate. 

Goles: 0-1 Gadeia 2' 0-2 Ricardinho 10' 1-2 Joselito 25'

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2020