O Burela quere celebrar por partida dobre esta fin de semana
Publicado o 10/06/2021 16:57
O equipo masculino xoga a salvación este venres, mentres que o feminino arrinca o sábado a final polo título
O Pescados Rubén Burela quere que a súa localidade teña motivos para celebrar, por partida dobre.
O equipo masculino quere facer boa a vitoria doutro día contra El Ejido e resolver a salvación canto antes. Xogan este venres en Vista Alegre ás 21:00.
Pola súa parte, o feminino arrinca o sábado a final a catro polo título. A primeira proba será contra o Roldán o sábado ás 13:30. A final será o domingo ás 16:00.
Na previa, falaron Elena Aragón e Peke do feminino e Iago Míguez e David Pazos, do masculino.