CRTVG

Buscar

O Burela Pescados Rubén perde na cancha do Futsi

Publicado o 29/05/2021 21:32

Última xornada da fase regular na Primeira Futsal Feminina co liderado e dúas prazas do play off por decidir. Futsi e Pescados Rubén Burela, os dous primeiros clasificados e con praza xa garantida, medíronse nun duelo por todo o alto en que estaba en xogo a primeira praza. O partido foi para as madrileñas, que se impuxeron por 2-1. Lorrana adiantaba as locais ben cedo. Lara igualaba o marcador e Ame Romero poñía o 2-1 que xa sería definitivo.


 

Noticias web

29/05/2021