CRTVG

Buscar

O Burela Pescados Rubén cae en Vista Alegre ante Pozo Murcia

Publicado o 16/02/2020 13:44

O Burela Pescados Rubén puxo o xogo, as ocasións e o Pozo Murcia a efectividade. Os da Mariña demostraron, unha xornada máis, que crean ocasións pero non as materializan. E se enfronte tes un dos grandes da liga, o nbormal é apañar unha goleada, como sucedeu. 1-5 a prol dos murcianos.

No descanso xa gañaban 0-3 cos goles de Paradynski no 9, Alberto García no 15 e outra vez Paradinsky no 18.

Matamoros puxo o 1-3 dende o punto de penalti pero, máis que animar aos seus, animou o Pozo, que marcou dous tantos máis nos últimos minutos, o de Marcel no 37 e o terceiro de Paradinsky no 39.

Coa derrota o Burela Pescados Rubén segue de pechacancelas con dez puntos, a catro da permanencia, a catro do Zaragoza.

Noticias web

16/02/2020