CRTVG

Buscar

O Burela Pescados Rubén derrota o Ourense Envialia no primeiro partido da segunda fase

Publicado o 27/03/2021 20:44

E comezou a segunda fase da primeira división feminina de fútbol sala. E no derbi, cumpríuse o prognóstico.
O Pescados Rubén Burela venceu con autoridade no Pavillón dos Remedios ao Ourense Envíalia. Un a catro foi o resultado final dun encontro que tiveron sempre controlado as visitantes. Ao descanso chegouse con vantaxe de cero a dous a prol das burelás, grazas aos goles de Cami no minuto catro e de Peque no 16. Á volta dos vestíarios, Ale de Paz aumentou a diferenza. Así que a misión para o conxunto ourensán era case imposible. Aínda así, Mery recurtou medíada a segunda metade. A reacción local quedou en nada logo do tanto de Dany Domingos, todo un golazo, a tres minutos do final que sentenciaba definitivamente o partido. O Envialia sufriu ademáis a mancadura de Sara Moreno, quen volveu as pistas hai só dúas semanas tras unha grave lesión de xeonllo acontecida o pasado novembro. A cara mala do deporte. Ogallá que non sexa tan grave.