CRTVG

Buscar

O Burela Pescados Rubén, campión da liga de fútbol sala

Publicado o 28/06/2020 19:20

Gañoulle a Alcorcón por 3-2 e conseguiu o terceiro campionato da súa historia

O Burela Pescados Rubén gañou a final da liga de fútbol sala feminino e logrou o terceiro título da súa historia. Impúxose por 3-2 ao Alcorcón nun partido moi disputado no que sempre foi por diante no marcador pero no que non conseguiu sentenciar. 

É o terceiro título da historia do Burela logo dos conseguidos en 2013 e 2016.

1-0 Peque, 1-1 Estela Cantero, 2-1 Jeny Lores, 2-2 Vane Sotelo, 3-2 Jenny Santos

Noticias web

28/06/2020