CRTVG

Buscar

O Burela persevera e empata con dous goles no último minuto (3-3)

Publicado o 31/10/2020 20:39

Na categoría masculina o Burela Pescados Rubén empatou na casa co Santa Coloma. Os visitantes marcharon 0-2 ao descanso. Matamoros puxo o 1-3 pero os cataláns volveron aumentar a vantaxe: 1-3 no minuto 31. Pero os da Mariña non baixaron os brazos e acadaron o empate ao final. Álex Diz no 39 e Quintela no 40 salvaron un punto. O outro equipo galego da categoría, o Parrulo, segue sen xogar por casos de coronavirus

Noticias web

31/10/2020