CRTVG

Buscar

O Burela perde co Barcelona antes de afrontar este sábado unha final pola salvación

Publicado o 19/05/2021 12:10

Fútbol sala. Malia estar xa descendido, o Parrulo Ferrol non baixou os brazos e brindoulle unha vitoria á súa afección. Impúxose 4-3 ao Córdoba na Malata.

E o Barcelona freou a escalada do Pescados Rubén cara á zona tranquila da clasificación. O conxunto catalán impúxose por un gol a catro en Vista Alegre. Adiantouse aos oito minutos e despois respondeu con dous goles inmediatos ao empate conseguido por Iago Míguez. Os de Sito Rivera mantéñense no posto de promoción de descenso, a catro puntos da permanencia e coa mirada posta xa noutra final na casa contra o Ribera Navarra este sábado.

 

Noticias web

19/05/2021