CRTVG

Buscar

O Burela loitará polo título de fútbol sala nunha Final Four da que caeu o Poio

Publicado o 30/05/2021 12:24

Futsi e Pescados Rubén Burela, os dous primeiros clasificados, medíronse nun duelo por todo o alto no que estaba en xogo a primeira praza. O partido foi para as madrileñas, que se impuxeron por dous goles a un. Lorrana adiantaba as locais ben cedo. Lara igualaba o marcador e Ame Romero colocaba o dous a un que xa sería definitivo.

E na pelexa por facerse cunha das outras dúas prazas que dan dereito a disputar o play off polo título, o Poio recibiu o Alcorcón na Seca. Valíalle o empate, pero non puido ser. Marcaron Aída de Miguel, Nere Moldes e Pepa para as visitantes. Dani Sousa fixo o tanto da honra na Seca. Esvaeceuse, xa que logo, a posibilidade de entrar na súa primeira eliminatoria polo título. As báoas das xogadoras poienses non poden mollar unha moi boa temporada das rapazas de Manu Cosío.

Noticias web

30/05/2021