CRTVG

Buscar

O Burela gaña o derbi da LNFS ante do Parrulo (2-3)

Publicado o 04/04/2021 21:42

No derbi da primeira división de fútbol sala, triunfou o Pescados Rubén Burela en Ferrol ante o Parrulo. O inicio do encontro foi chave, con dous goles dos burelaos nos primeiros catro minutos. Quintela e David Pazos poñían un cero a dous no marcador que lle complicaba demasiado o partido ao conxunto ferrolán. Máis aínda cando ao puco de iniciarse a segunda parte Renato facía o terceiro dos laranxas. A reacción posterior do Parrulo, con dous goles de Iago Rodríguez, non foi suficiente para o equipo ferrolán, que segue de pechacancelas, moi lonxe dunha permanencia que ten máis preto o Burela.

Noticias web

04/04/2021