CRTVG

Buscar

O Burela empata co Córdoba e sae do descenso

Publicado o 24/03/2021 21:29

O Burela empatou a 2 na casa ante o Córdoba Futsal, un partido que  fora adiado no seu día polo coronavirus. Empate que sabe a moi pouco para o Pescados Rubén. Adiantáronse os locais por mediación de Pitero, no minuto 9. Sen tempo para celebralo, axiña chegou o empate do Córdoba, obra de Jesulito.

Aínda no primeiro tempo, os de Sito Rivera volveron coller vantaxe, cun gol de Iago Míguez. Con vitoria dos locais retomouse o partido tras o descanso, pero a ledicia rematou case no final, minuto 38, roubo de Zequi en campo laranxa e anota o emapte a dous definitivo. O Burela segue moi preto do descenso.

Noticias web

24/03/2021