CRTVG

Buscar

O Burela decide o derbi diante do Ourense no segundo tempo (9-4)

Publicado o 24/04/2021 21:27

Pescados Rubén Burela 9 Ourense Envialia 4
O Pescados Rubén Burela desatouse na segunda metade. O Ourense Envíalia aguantou ben ata o descanso, ao que se chegou co marcador igualado. Empate a un logo dos tantos de Susana para as visitantes e de Ale de Paz para as locais. O físico aínda lle deu as ourensás para manterse no partido nos inicios do segundo tempo, pero a profundidade de banco do Burela foi decisiva, e en tres minutos de inspiración foi aumentando a diferenza no marcador ata un seis a dous que acabou coa incerteza no encontro. A actuación de Dany foi decisiva para o Pescados Rubén, e por suposto, a aportación de Peque, quen marcou todo un golazo na recta final dun choque que acabou cun nove a catro no marcador. O vindeiro venres os dous equipos volverán enfrontarse nos cuartos de final da Copa da Raíña.

Noticias web

24/04/2021