CRTVG

Buscar

O Burela busca a súa terceira liga en Málaga

Publicado o 28/06/2020 14:04
O Alcorcón de Vane Sotelo é o seu rival na final

A liga máis atípica terá hoxe propietario. O deserto e inmenso pavillón Martín Carpena de Málaga coroa esta tarde ás campioas. Un dos clubs máis laureados nos últimos anos no deporte galego, o Pescados Rubén Burela, está a só un partido de ampliar palmarés.

Julio Delgado, o adestrador do Pescados Rubén Burela  salientou que O esforzo do club este ano foi "espectacular". "Estamos donde queriamos, nunha final dunha liga e desde logo nas mellores condicións posiblles. Creo que o cadro está moi ben, ao completo e quedan 40 minutos por diante nos que, estou convencido, van deixar todo sobre a pista", sinalou o adestrador salmantino,.

O rival é un Alcorcón con catro xogadoras galegas. Unha delas, a goleadora Vane Sotelo. O pasadio verán, o Burela tentou a súa fichaxe. Hoxe é a gran ameaza. A xogadora ourensá considera que esta final "é unha oportunidade que temos aí inmellorable e oxalá o domingo sexa un día de ledicia como hoxe"

Así se festexou o primeiro título de liga en 2013. Daquela aínda quedan Josi, Dani ou Peque, entre outras. No 2016 chegou o segundo. Nunhas horas, a conta pode aumentar.
 

Noticias web

28/06/2020