CRTVG

Buscar

O Burela golea a El Ejido (8-2) e mantense na elite da LNFS

Publicado o 11/06/2021 22:48

O Burela Pescados Rubén continuará na máxima categoría da LNFS logo de golear a El Ejido no segundo partido da eliminatoria (8-2). Os da Mariña xa se impuxeran en terras andaluzas e volveron a amosar unha grande superioridade. 

Tres goles de Iago Míguez, dous de Quintela e Renato e un de Alex Diz puxeron punto e final a unha temporada na que houbo que sufrir pero acadouse o obxectivo de permanecer na categoría. 

 

Noticias web

11/06/2021