CRTVG

Buscar

Bos días

O buque oceanográfico Hespérides, o primeiro barco en realizar o Camiño de Santiago Antártico

Publicado o 24/03/2016 09:43





O buque oceanográfico Hespérides, o primeiro barco en realizar o Camiño de Santiago Antártico, está de parada en Bos Aires para que a tripulación poida selar unha nova fe de paso na súa credencial de peregrino.




Leva 26 anos servindo á Armada Española, pero esta travesía do Hespérides é especial, xa que nel viaxan os 100 primeiros peregrinos da ruta Xacobea Antártica, que con máis de 14.000 kilómetros é a máis remota ata o momento.


CORTE 1: Julio Albadalejo - Comandante do Buque Hespérides
"Inicialmente era nada más que poner un cartel indicando que ahí se iniciaba una ruta y luego, poco a poco, se ha visto que a todo el mundo ilusiona mucho".


Saíron da base española "Gabriel de Castilla", no continente xeado, e tras pasar pola sureña rexión arxentina de Usuahia, agora recalan en Bos Aires para dar a fe de paso fronte ó Apóstolo Santiago -na Igrexa porteña de San Ignacio
de Loyola- e poñer así un novo selo no seu pasaporte espiritual.


CORTE 2: Rubén Peón - Sarxento de Comunicacións no Hespérides
"Es el Camino de Santiago, que no lo había hecho, y ahora aprovecho para hacerlo desde la Antártida, nada más y nada menos".
CORTE 3: José Antonio Platas - Cabo profesional no Hespérides
""Supoño que será especial porque pensando que o empecei no fin do mundo, pois é para imaxinarse"


A tripulación leva ademais un bandeirín conmemorativo desta primixenia expedición para que quede exposto no museo da Catedral de Santiago.


SAIDIÑA



Esta tripulación de peregrinos porá rumbo agora a Pontevedra onde xunto a membros da BRILAT e da Armada proseguirán camiño a través do río Ulla para chegar a pé ata a praza do Obradoiro e alcanzar así a ansiada Compostela.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

24/03/2016