CRTVG

Buscar

O buque Miguel Oliver recala na Coruña durante a súa navegación cara ao Cantábrico

Publicado o 03/09/2019 21:17

O buque oceanográfico Miguel Oliver recalou hoxe na Coruña durante a súa navegación cara ao Cantábrico. Na actualidade o buque desenvolve unha campaña que ten como obxectivo a redución dos descartes de pesca.

23 tripulantes e 20 investigadores forman a dotación do buque oceanográfico Miguel Oliver. Na actualidade participa nunha campaña para o estudo das mallas de pesca co fin de reducir os descartes no arrastre do Cantábrico ata os 500 metros de profundidade. Dispón para iso da máis alta tecnoloxía, como sondas que cartografan os fondos mariños e cámaras para facer seguimento das especies.

Cos datos recollidos elabóranse os informes científicos para a toma de decisións na xestión dos recursos dunha pesca máis sostible, tal e como marca a normativa europea. Así o destacou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luis Planas, quen visitou o buque acompañado pola conselleira do Mar e a alcaldesa da Coruña.

O Miguel Oliver continuará coa súa campaña científica por costas do Cantábrico ata o 10 de setembro.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019