CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O buque marinense Playa Pesmar Uno xa está amarrado no porto de Comodoro Rivadavia

Publicado o 06/02/2018 14:54

Xa están en terra os 34 tripulantes do pesqueiro con base en Marín Playa Pesmar Uno, apresado polos gardacostas arxentinos cando pescaba presuntamente dentro da súa zona económica exclusiva.
Se a posición satelital confirma a infracción, a empresa podería enfrontarse a unha multa de ata 500.000 dólares.

O buque marinense Playa Pesmar Uno xa está amarrado no porto de Comodoro Rivadavia, na Patagonia arxentina, onde quedará retido.

Con el chegaron tamén os 34 tripulantes, na súa maioría galegos.
As autoridades arxentinas acúsanos de pescar ilegalmente unha milla adentro da súa zona económica exclusiva, ter as redes despregadas e máis de 320 toneladas de peixe procesado nas súas bodegas.
Unha infracción pola que a empresa galega podería pagar ata 500.000 dólares de multa se se comproban as irregularidades.

Agora deberán agardar unhas horas para ver o que revela a posición satelital.
O apresamento do Playa Pesmar Uno volveu tensar as relacións entre o sector pesqueiro galego e A Arxentina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí